xoves, 4 de decembro de 2014

A caza dos ghazafellos

Aquí tedes un diario de lectura sobre o libro de Denis M. realizado por Ana, alumna de 1º B


Gañador@s do concurso de relato e xornalismo


Os relatos e artigos gañadores foron escritos por: 


1º e 2º ESO 

 1º Iria García González e Aldara Rodríguez Neira
2º Sergio Yáñez Martínez
3º Rubén García Barreiro
 


3º e 4º ESO

 1º Violeta Montes Rivas
2º Alba Barreiro Núñez
3º alicia García Martínez


xoves, 23 de outubro de 2014

Apelidos de Galicia


Queres saber con que frecuencia se repite o teu apelido e en que concellos hai máis xente con el? Esta é a túa páxina. Preme na imaxe ou aquí


mércores, 22 de outubro de 2014

xoves, 2 de outubro de 2014

Lingua propia

Por vez primeira, unha muller de 70 anos escribe unha carta en galego, e faino para explicarnos a importancia da lingua propia, a lingua do corazón.



Espero que vos guste.

mércores, 1 de outubro de 2014

xoves, 25 de setembro de 2014

Un novo comezo

Un novo comezo




Os alumnos e alumnas de primeiro tiñamos outra idea do instituto. Pensabamos que os profesores eran máis distantes e que o centro tiña malas instalacións. Tamén tiñamos a esperanza de ter máis liberdade, estabamos convencidos de que iamos poder saír do centro nos recreos.

Ao final do curso pasado viñemos visitalo. Case todos reparamos en que tiña cafetería. Tamén vimos a biblioteca e algunhas aulas. O centro non era novo, pero tiña bo aspecto por dentro. Atendeunos o director, que nos pareceu moi estrito.

No verán, algúns de nós non durmiamos ben polas noites cavilando no que ocorrería cando entrasemos como alumnos, en que clase estaríamos, se nos tocaría cos nosos compañeiros, como serían os profesores e profesoras que nos darían clase.

O primeiro día no novo centro, todos estabamos moi nerviosos, pero relaxámonos ao ver que coincidiamos con compañeiros e compañeiras do curso pasado. Tampouco tiñamos claro como era iso de ir cambiando de aula case a cada hora.

Aos alumnos de sexto de primaria aconsellámoslles que non estean nerviosos. 1º ESO é un cambio grande, pero non é para tanto como pensabamos o ano pasado. Cómpre estudar un pouco máis que na escola, mais as clases son parecidas.

Ata setembro de 2015 rapaces. Vémonos no Otero!


1ºB ESO

Shin Chan sempre fala galego

mércores, 24 de setembro de 2014

E logho ti de quen vés sendo?

Como somos moi educados, o primeiro que temos que facer é apresentarnos.

Comecemos, pois....

sábado, 20 de setembro de 2014

Primeira entrada

Xuntaremos cadernos en branco
d'a novela errante d'o vento
...Pescaremos n-a rede d'os atlas
ronseles de Simbad
Manuel Antonio

Con estes versos, igual que Manuel Antonio inaugura o seu poemario, abrimos o blog do departamento do IES Otero Pedrayo da Coruña.