xoves, 25 de setembro de 2014

Un novo comezo

Un novo comezo




Os alumnos e alumnas de primeiro tiñamos outra idea do instituto. Pensabamos que os profesores eran máis distantes e que o centro tiña malas instalacións. Tamén tiñamos a esperanza de ter máis liberdade, estabamos convencidos de que iamos poder saír do centro nos recreos.

Ao final do curso pasado viñemos visitalo. Case todos reparamos en que tiña cafetería. Tamén vimos a biblioteca e algunhas aulas. O centro non era novo, pero tiña bo aspecto por dentro. Atendeunos o director, que nos pareceu moi estrito.

No verán, algúns de nós non durmiamos ben polas noites cavilando no que ocorrería cando entrasemos como alumnos, en que clase estaríamos, se nos tocaría cos nosos compañeiros, como serían os profesores e profesoras que nos darían clase.

O primeiro día no novo centro, todos estabamos moi nerviosos, pero relaxámonos ao ver que coincidiamos con compañeiros e compañeiras do curso pasado. Tampouco tiñamos claro como era iso de ir cambiando de aula case a cada hora.

Aos alumnos de sexto de primaria aconsellámoslles que non estean nerviosos. 1º ESO é un cambio grande, pero non é para tanto como pensabamos o ano pasado. Cómpre estudar un pouco máis que na escola, mais as clases son parecidas.

Ata setembro de 2015 rapaces. Vémonos no Otero!


1ºB ESO

Shin Chan sempre fala galego

mércores, 24 de setembro de 2014

E logho ti de quen vés sendo?

Como somos moi educados, o primeiro que temos que facer é apresentarnos.

Comecemos, pois....

sábado, 20 de setembro de 2014

Primeira entrada

Xuntaremos cadernos en branco
d'a novela errante d'o vento
...Pescaremos n-a rede d'os atlas
ronseles de Simbad
Manuel Antonio

Con estes versos, igual que Manuel Antonio inaugura o seu poemario, abrimos o blog do departamento do IES Otero Pedrayo da Coruña.