martes, 19 de maio de 2015

A árbore das nosas letras

Xa estamos no castro de Viladonga

Casa Museo Manuel María

Son moi curiosos, preguntan pola roupa do armario, polos cadros, polos libros...

Tamén están interesados polos idiomas aos que está traducido ó autor. 

Yiqiao atopou un libro chinés 

Cantando O carro no cemiterio de Santa Isabel

Moi pronto, o vídeo

Esperando para entrar logo da homenaxe á súa tumba

O noso alumnado gravou co móbil a voz de Manuel María

Xa estamos en Outeiro de Rei

mércores, 13 de maio de 2015

17 cousas que podes facer pola lingua

En galego, proba e verás



Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo. Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" da Coordinadora Galega de ENDL. Comparte e difunde!

Orgullosos do galego



Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%. Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" da Coordinadora Galega de ENDL. Comparte e difunde.

luns, 11 de maio de 2015

domingo, 10 de maio de 2015

Agustín Fernández Paz, premio da AELG á mellor obra narrativa por ‘A viaxe de Gagarin’

Noticia en Sermos

O Círculo das Artes de Lugo acolleu a Gala das Letras, durante a que se deron a coñecer as obras gañadoras dos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A obra A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz foi elixida como o mellor título de 2014 en narrativa polos centos de socios e socias.
Abriu a Gala a xornalista da TVG María Solar que recordou que "seguimos soñando, querendo e amando a nosa lingua". Foi seguida do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, que reivindicou a literatura como “lugar de soberanía do idioma” e a escrita literaria “como un elemento normalizador”. Sánchez fixo mención ao papel dos medios e aseguoru que “só con prensa galega e en galego é posíbel dicir as nosas verdades”. 
A distancia do tambor de Eva Veiga fíxose co galardón na categoría de poesía, mentres queCarlos Negro conseguiu o premio a mellor obra de literatura Infanto-Xuvenil por Penúltimas tendencias. "O meu maior premio son os ollos da rapazada á que lle descobres o mundo cunha palabra”, dixo durante o discurso. Monste Dopico foi a gañadora na categoría de xornalismo cultural. "Non vou reivindicar a lingua e a cultura porque sería como reivindicar respirar", manifestou.
A AELG entregou outros tres premios honoríficos e unha distinción, anunciados con anterioridade. Recoñeceuse Josefa Arias e Emilio do Pando, por unha vida dedicada a transmisión da cultura popular galega, co premio ‘Mestras-es da Memoria’. O Escritor Galego Universal 2015 foi para o autor brasileiro Luiz Ruffato. Abraham Cupeiro e Iago González puxeron a música na Gala das Letras “dando vida aos instrumentos esquecidos”.
Lista de premiados:
Mellor tradución: Darío Xohán Cabana por A Divina Comedia, de Edicións da Curuxa.
Mellor obra de teatroObras completas.Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño en Edicións Positivas.
Mellor ensaio: Helena Miguélez-Carballeira por Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Através Editora. 
Mellor obra narrativa: Agustín Fernández Paz por A viaxe de Gagarin, de Edicións Xerais.
Mellor obra de poesía: A distancia do tambor de Eva Veiga, en Espiral Maior. 
Mellor blog literarioCaderno de crítica de Ramón Nicolás 
Mellor obra de Literatura Infanto-XuvenilPenúltimas tendencias de Carlos Negro, de Edicións Xerais.
Mellor traxectoria en xornalismo cultural: Montse Dopico.
Premio Bos e Xenerosos: Xosé María Palmeiro, Manuel Lombao, Tareixa Navaza, Margarita Ledo.
Premio Institución Culturais: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Asociación de Medios en Galego.
Premio Mestras-es da Memoria: Josefa Arias e Emilio do Pando.
Escritor Galego Universal 2015: Luiz Ruffato.