xoves, 22 de decembro de 2016

Concurso Postal de Nadal e lema de Bons Desexos

Este ano, na entrega de Premios acompañáronnos dous Apalpadores chegados de Monforte e do Saviñao.
Estes foron os premiados









venres, 9 de decembro de 2016

Dillo a quen maltrata

 Como cada ano, organizamos un concurso de relato arredor do día contra a Violencia de Xénero.

Este curso, a participación foi moita. Iremos colgando os relatos gañadores en días sucesivos.

Os gañadores por curso son:
1º ESO: Noah López
2º ESO: Fátima García
3º ESO: Patricia Rama
4º ESO: Ainhoa García


1º Ciclo: Fátima García
2º Ciclo: Ainhoa Garcia


Estas son as fotos da entrega de premios






luns, 5 de decembro de 2016

Amig@ invisible

Xa está aquí o clásico navideño...

Resultado de imaxes para amgio invisible

Pero desta vez, imos ofrecer cartas, en vez dun regalo



Resultado de imaxes para cartas galego

Imaxina animais

A ordenadriña
Tamén coñecida polo nome de computiña,a ordenadriña é un híbrido entre unha andoriña e un ordenador. As súas plumas son de cor azul e laranxa, a súa cabeza é un Windows 10 cun pantallazo azul.

Soe vivir nos lugares con moita tecnoloxía ou en lugares moi altos para poder facer os seus niños tranquilamente. Aliméntase de microchips, discos duros e algún insecto pequeno, como as moscas. Tamén come miñocas. Cóntase que a xente que puido ver unha, non vive, porque cando teñen unha pequena sensación de perigo, atacan sen piedade e de forma brutal .

Alejandro Pan

Imaxina animais

Seguindo o exemplo do libro Imaxina animais, creamos novos seres na clase de Lingua

1º C
Cabalón
O cabalón é un cabalo moi moi redondo que bota e bota como un balón de fútbol. Soe vivir nos montes de Río de Janeiro, Brasil. Adoita comer herba do monte ou penso, se ten dono.
Ten que botar e botar para ser feliz. Se unha persoa o monta, ten que ser cunha sela especial porque está moi gordo.

Alexia Castro
@_alexiiiiss_