martes, 27 de febreiro de 2018

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

     24 de febreiro, HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Neste día tan importante para a Lingua e a Literatura galegas,  o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do noso IES quixo participar nesta homenaxe con recitados de poemas do alumnado e do profesorado polas distintas aulas, e mesmo, con acompañamento de dúas expertas pandereteiras que tocaron e cantaron "Adiós ríos, adiós fontes" como podedes observar no seguinte vídeo.



Alumnado de 4º e profesoras recitando a Rosalía


Rosalía segue viva entre nós
Alumnado de 3º e 2º recitando a Rosalía polas aulas



Un cuarteto recitando "Adiós ríos, adiós fontes" acompñadas un profe lendo un texto das Literatas.
Exposición das obras da autora na Biblioteca do centro.