domingo, 18 de marzo de 2018

As mulleres bravas: 8 de marzo

Exposición de "batas traballadoras" para destacar o papel da muller na sociedade e para reivindicar e defender a IGUALDADE. Con este obxectivo tamén podedes ver os traballos do alumnado e profesorado tanto dentro como na fachada do IES.
                                                                 



CONCURSO DE RECITADO "ROSALIA SEMPRE VIVA"

            CONCURSO DE RECITADO "ROSALIA SEMPRE VIVA" en Outeiro de Rei-Lugo

O noso IES participou un ano máis no concurso autonómico de recitado de poesía na Casa_Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, Lugo, na categoria de secundaria. Como representantes do ENDL do Centro participaron IRIA GARCÍA e XOÁN BONOME de 4º B acompañados das súas familias e do seu profesor, Antón Amil. Alí competiron con representantes de centros de toda Galicia en proba da importancia que Rosalía ten para a cultura galega e para a xente nova, pois mesmo algúns dos participantes cantaron algúns dos seus poemas no concurso. Aquí tedes os momentos estelares destes dous alumnos/as.







sábado, 10 de marzo de 2018

Se podes imaxinalo, podes contalo

Este venres participamos no Concurso de Relato Curto de Coca-Cola.
 O acto tivo lugar na Aula Magna da Facultade de Filoloxía e as nosas participantes foron:
 Zulema Aldao Calleja e Inés Campos Núñez de 2ºA.
 Carla Novo e Aitana Ramallo Pita de 2ºB.
 Arlinda Lopes do Rosario, representando a 2ºC.
O estímulo creativo este ano, viña nunha pizarra, co seguinte lema:
 Profe: Pasaporte ao Futuro